18 de diciembre de 2015

Decembro 2015: PAPÁ NOEL NA NOSA ESCOLA

HOXE CHEGOU A VISITA MÁIS DESEXADA: PAPÁ NOEL! LEVAVAMOS ESPERANDO DENDE A MAÑÁ E POR FIN APARECEU POLA VENTÁ DA BIBLIOTECA. QUE SORPRESA! 
 
NON SABIAMOS QUE PAPÁ NOEL ERA TAN DIVERTIDO!
CANTOU CON NÓS, BAILOU, DEU UN PEQUENO DISCURSO E ADEMAIS TROUXO UN AGASALLO PARA CADA UN DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA!
                                
 
ALGÚN DE NÓS ASUSTOUSE UN POUQUIÑO PERO ENSEGUIDA PASOU, PAPÁ NOEL TIÑA ALGO DE PRÉSA PORQUE ESTES DÍAS TEN MOITO TRABALLO E MARCHOU ENSEGUIDA PROMETENDO LEVARNOS ALGUN AGASALLO MÁIS ÁS NOSAS CASAS.
ATA PRONTO PAPÁ NOEL!!!

 


17 de diciembre de 2015

Decembro 2015: EU QUERO A LÚA!

CHEGOU O GRAN DÍA! QUE NERVIOS! POR PRIMEIRA VEZ IAMOS SUBIR AO ESCENARIO DA CASA DA CULTURA PARA CANTAR E BAILAR PARA UNHA MOREA DE ESPECTADORES!
A CANCIÓN QUE ESCOLLEMOS FOI "Eu quero a lúa"  DE María Fumaça QUE NOS GUSTA MOITO. 

QUE ILUSIÓN VER DENDE O ESCENARIO ÁS NOSAS FAMILIAS E ÓS NOSOS PROFES EMOCIONADOS COA NOSA ACTUACIÓN! A VERDADE É QUE ESTIVEMOS FANTÁSTICOS E SUPERGUAPOS! 

 (MOITAS GRAZAS A MONTSE POR FACERNOS TODAS ESTAS FOTOS 
E COMPARTILAS CON NÓS!)












 COS VOSOS APLAUSOS CASE ALCANZAMOS A LÚA!
TAMÉN PODEDES VER O VÍDEO DO FESTIVAL AQUÍ, NO NOSO CANAL DE YOUTUBE OU A TRAVÉS DA PÁXINA PRINCIPAL DA PÁXINA WEB DA EEI DE SARRIA. A NOSA ACTUACIÓN A PARTIR DO MINUTO 23:15



ESPERAMOS QUE PASEDES UN RATIÑO AGRADABLE VÉNDONOS!

15 de diciembre de 2015

Decembro 2015: XA CHEGA NADAL

XA SE SINTE NA NOSA A ESCOLA A MAXIA DO NADAL: COMEZAMOS A FACER ADORNOS, EMPEZAN A OÍRSE PANXOLIÑAS, PAPÁ NOEL XA CONFIRMOU A SÚA VISITA, ENSAIAMOS PARA O FESTIVAL DE NADAL, ESTAMOS A PREPARAR AS POSTAIS PARA FELICITAR ÁS NOSAS FAMILIAS...
TODO CHEIRA A NADAL!!! 

ESTIVEMOS A FACER UN ÁRBORE NEVADA PARA ADORNAR A  CLASE COAS NOSAS PROPIAS MANS E  GRILANDAS.
 
 
PINTAMOS OS ROLOS DO PAPEL HIXIÉNICO DE COR VERDE E AZUL PARA AS POSTAIS DE NADAL DE PAPEL RECICLADO E AS ESTRELAS QUE COLOCAMOS NA VENTÁ.
 

COMO NOS GUSTA PINTAR CO PINCEL!
 
ESTES SON OS RESULTADOS: AS POSTAIS
 

 E AS ESTRELAS


TAMÉN FIXEMOS UNS PEQUENOS PIÑEIROS COA NOSA FOTO PARA COLGAR NA ÁRBORE DE NADAL DA NOSA CASA, AÍNDA QUE ANTES OS DESFRUTAMOS UNS DÍAS NA CLASE.
QUE ILUSIONADOS ESTAMOS!
PRONTO, PRONTO CHEGA O NADAL!!! 







2 de diciembre de 2015

Decembro 2015: ARREDOR DO OUTONO

NO OUTONO AS ÁRBORES PERDEN AS SÚAS FOLLAS E NÓS QUIXEMOS PROLONGAR A SÚA VIDA UTILIZÁNDOAS DE DIVERSOS XEITOS. 
ADORNAMOS PARTE DO VESTÍBULO DA ESCOLA PINTANDO FOLLAS SECAS DE DISTINTAS CORES.
 

QUEDARON MOI VISTOSAS!

E COMO AS FOLLAS QUEDARON MARCADAS NOS XORNAIS QUE UTILIZAMOS PARA NON MANCHAR A MESA, FIXEMOS UNHA NOVA ÁRBORE PARA A NOSA CLASE DO MÁIS ORIXINAL!
           
OUTRAS FOLLAS QUE RECOLLEMOS, USÁMOLAS COMO PORTADA DUN PEQUENO CADERNO QUE FIXEMOS REUTILIZANDO FOLLAS IMPRESAS SÓ POR UNHA CARA. 
 
XA SABEDES QUE NA NOSA ESCOLA PROCURAMOS QUE "os nosos actos deixen sempre unha pegada verde no camiño"
  
COMO REMATE A TÓDALAS ACTIVIDADES DO OUTONO ESTIVEMOS A VER NO "CINE" QUE TEMOS NA CLASE, O CONTO "Dúas follas" QUE PODEDES VER A CONTINUACIÓN:

26 de noviembre de 2015

Novembro 2015: RECICLANDO PAPEL

OS QUE SEGUIDES O NOSO BLOGUE XA SABEDES QUE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE É ALGO PRIORITARIO NA NOSA ESCOLA. 
SE COAS NOSAS PEQUENAS ACCIÓNS PODEMOS EVITAR A TALA DUNHA  SOA ÁRBORE XA NOS DAREMOS POR CONTENTOS. 
O OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL VAI ENCAMIÑADO A CONCIENCIAR AOS NENOS E NENAS DE NOSA ESCOLA E A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR DA NECESIDADE DE REDUCIR O CONSUMO DE PAPEL E, DENTRO DO POSIBLE, RECICLAR E REUTILIZAR.
O PROCESO DE RECICLADO DURA VARIOS DÍAS E FACÉMOLO DUN XEITO TOTALMENTE ARTESANAL.
O PRIMEIRO PASO E IR ROMPENDO EN ANAQUIÑOS PEQUENOS O PAPEL QUE XA NON NOS SERVE.


DENDE QUE TEMOS UNHA CANTIDADE SUFICIENTE, BOTÁMOLO NUN RECIPIENTE GRANDE E ENGADIMOS AUGA.
 
 
BÁTESE CO BATEDOR ATA QUE SE DESFAI O PAPEL CON MOITO COIDADO.
INTRODUCIMOS O BASTIDOR DENTRO DO "PURÉ" E SACAMOS DESPACIÑO.
COLOCAMOS SOBRE O TRAPO DÁNDOLLE A VOLTA E SECAMOS COAS ESPONXAS.
DESPOIS DE PASAR UN OU DOUS DÍAS COLGADO NUN TENDAL QUE IMPROVISAMOS NA CLASE, O PAPEL XA ESTÁ LISTO PARA DESPEGAR DO TRAPO E PODER UTILIZAR.
CONSEGUIMOS FACER 25 FOLLAS DE PAPEL RECICLADO QUE UTILIZAREMOS PARA FACER UNHAS POSTAIS PARA FELICITAR O NADAL ÁS NOSAS FAMILIAS.
 
"Persoas pequenas con pequenas accións, 
traballando xuntas, conseguirán grandes cousas"