1 de febrero de 2014

Xaneiro 2014: DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA DENDE O ANO 1964, COINCIDINDO CO ANIVERSARIO DA MORTE DE MAHATMA GANDHI, QUE TRABALLOU TODA A SÚA VIDA NA BÚSQUEDA DA PAZ NO SEU PAÍS: A INDIA. 
NÓS LEVAMOS FACENDO DIVERSAS ACTIVIDADES DURANTE TODO A SEMANA PARA CONMEMORAR ESTE DÍA: DEBUXOS, CONTOS, BROCHES, XOGOS, CANCIÓNS, BAILES E A NOSA COLABORACIÓN COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NA ELABORACIÓN DO VÍDEO DA PAZ DA NOSA ESCOLA.


 
O NOSO DESEXO É QUE A PALABRA "PAZ" NON SEXA SÓ PARA UN DÍA OU PARA UNHA SEMANA, SENÓN PARA TODO O ANO. E NON SÓ NA ESCOLA OU NA CASA, QUEREMOS A PAZ  NO MUNDO...