DESPOIS DE RECIBIR A CARTA TAN CARIÑOSA DE NOA, DECIDIMOS QUE HABÍA QUE CONTESTARLLE E PUXÉMOSNOS MANS A OBRA.
ENTRE TODOS E TODAS ESCRIBIMOS UNHA PEQUENA CARTA QUE ESPERAMOS LLE FAGA MOITA ILUSIÓN.
METÉMOLA NUN SOBRE, PUXÉMOSLLE O SELO E A PROFE ESCRIBIU A DIRECCIÓN E O REMITE.
NON TIVEMOS QUE IR A CORREOS, XA QUE A CARTEIRA, MOI AMABLE, RECOLLEU A CARTA NA ESCOLA.
FAI UNS DÍAS, TAMÉN GAEL, QUE ESTIVO DE VACACIÓNS, NOS ENVIOU UNHA POSTAL, QUE ESCRIBIU COA AXUDA DE MAMÁ.
O CORREO, ÁS VECES, VAI ALGO LENTO, CHEGOU GAEL ANTES QUE A SÚA POSTAL. AQUÍ NOS VEDES COMO NOS CONTA O BONITO QUE ERA O SEU LUGAR DE VACACIÓNS.
AÍNDA QUE NOS GUSTA O CORREO ELECTRÓNICO, ESCRIBIR E RECIBIR CARTAS TEN UN ENCANTO ESPECIAL!