31 de octubre de 2013

Outubro 2013: O SAMAÍN

OUTRA DAS CELEBRACIÓNS DO OUTONO NO NOSO COLE É O SAMAÍN.
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CON CABAZAS BEN ORIXINAIS. 

                      ESTAMOS MOI ORGULLOSOS!
 TAMÉN ELABORAMOS UNS MONSTROS, QUE MÁIS QUE ASUSTAR FIXÉRONNOS RIR UN MONTÓN.
CANTAMOS, XOGAMOS, RIMOS, ...
FOI UN DÍA DO MÁIS DIVERTIDO!!!


30 de octubre de 2013

Outubro 2013: SAÍMOS Ó SOUTO

CHEGOU O OUTONO E CON EL UNHA MOREA DE ACTIVIDADES. 


COMO ESTÁ PRETIÑO O TEMPO DE CELEBRAR O MAGOSTO, TIVEMOS QUE SAÍR A BUSCAR AS CASTAÑAS. FOMOS EN AUTOBÚS A UN SOUTO QUE HAI EN LOUSEIRO.
 "TODOS E TODAS: PREPARADOS!!!!"
 "PARECE QUE PINCHAN ALGO ESTES OURIZOS..."

"QUEN LEVA MÁIS?"

          
DESPOIS DE RECOLLER AS CASTAÑAS DESCANSANDO UN POUCO NA FONTE.
 
LOGO APROVEITAMOS PARA REPOÑER FORZAS TOMANDO UN CHOCOLATE "RICO, RICO" CON GALLETAS NO PAZO "TORRE DO BARRIO".
 

23 de octubre de 2013

Outubro 2013: XA ESCRIBIMOS CARTAS!

DESPOIS DE RECIBIR A CARTA TAN CARIÑOSA DE NOA, DECIDIMOS QUE HABÍA QUE CONTESTARLLE E PUXÉMOSNOS MANS A OBRA. 
ENTRE TODOS E TODAS ESCRIBIMOS UNHA PEQUENA CARTA QUE ESPERAMOS LLE FAGA MOITA ILUSIÓN. 

METÉMOLA NUN SOBRE, PUXÉMOSLLE O SELO E A PROFE ESCRIBIU A DIRECCIÓN E O REMITE.
NON TIVEMOS QUE IR A CORREOS, XA QUE A CARTEIRA, MOI AMABLE, RECOLLEU A CARTA NA ESCOLA.

 FAI UNS DÍAS, TAMÉN GAEL, QUE ESTIVO DE VACACIÓNS, NOS ENVIOU UNHA POSTAL, QUE ESCRIBIU COA AXUDA DE MAMÁ. 
O CORREO, ÁS VECES, VAI ALGO LENTO, CHEGOU GAEL ANTES QUE A SÚA POSTAL. AQUÍ NOS VEDES COMO NOS CONTA O BONITO QUE ERA O SEU LUGAR DE VACACIÓNS.
AÍNDA QUE NOS GUSTA O CORREO ELECTRÓNICO, ESCRIBIR E RECIBIR CARTAS TEN UN ENCANTO ESPECIAL!

7 de octubre de 2013

Outubro 2013: CARTA DE NOA RODRÍGUEZ

HOXE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL. RECIBIMOS UNHA CARTA DA NOSA AMIGA E COMPAÑEIRA DO ANO PASADO: NOA RODRÍGUEZ. AGORA ESTÁ NOUTRO COLE.




FÍXONOS MOITA ILUSIÓN QUE SE LEMBRE DE NÓS E QUE NOS BOTE TANTO DE MENOS.
 NÓS TAMÉN A ELA!  PROMETEMOS CONTESTARLLE! 
e mentras tanto...