Para celebrar o DÍA DA TERRA, o 22 de abril, decidimos plantar unhas sementes, e de paso coñecer de onde veñen algúns alimentos.
Primeiro enchemos os cacharros de terra,
logo colocamos dúas pipas de xirasol na terra e tapamos,
Regamos un pouquiño
e agora a esperar os resultados.
Tamén aproveitamos para sementar unhas lentellas, para así poder coñecer como é a planta da que sae ese alimento tan rico.
Regarémolas tódolos días para que medren axiña e poder levalas á casa.
Regarémolas tódolos días para que medren axiña e poder levalas á casa.