31 de octubre de 2012

Outubro 2012: O magosto

Como xa ven sendo tradición, no cole celebramos por estas datas o MAGOSTO.

Previamente fixemos unha serie de actividades:
CONFECCIONAMOS UNS CESTOS CON MATERIAIS RECICLADOS
REALIZAMOS UNHA VIAXE A UN SOUTO EN Loseiro ONDE RECOLLEMOS CASTAÑAS.
 
 

LOGO REPOÑEMOS FORZAS CUN CHOCOLATE QUENTIÑO E UNS BISCOITOS NO PAZO "Torre do Barrio".

 ...e chegou o día do MAGOSTO!

Asamos ás castañas ó xeito tradicional
No tambor!
Como aínda nos sobraron algunhas, elaboramos uns saquiños para levar para as nosas casas.
 E aínda aproveitamos para comer con galletas o marmelo que fixemos fai uns días.
 
 Foi unha xornada na que todo estaba "rico, rico".