31 de octubre de 2012

Outubro 2012: O magosto

Como xa ven sendo tradición, no cole celebramos por estas datas o MAGOSTO.

Previamente fixemos unha serie de actividades:
CONFECCIONAMOS UNS CESTOS CON MATERIAIS RECICLADOS
REALIZAMOS UNHA VIAXE A UN SOUTO EN Loseiro ONDE RECOLLEMOS CASTAÑAS.
 
 

LOGO REPOÑEMOS FORZAS CUN CHOCOLATE QUENTIÑO E UNS BISCOITOS NO PAZO "Torre do Barrio".

 ...e chegou o día do MAGOSTO!

Asamos ás castañas ó xeito tradicional
No tambor!
Como aínda nos sobraron algunhas, elaboramos uns saquiños para levar para as nosas casas.
 E aínda aproveitamos para comer con galletas o marmelo que fixemos fai uns días.
 
 Foi unha xornada na que todo estaba "rico, rico".
 


Outubro 2012: Samaín

Queremos agradecer dende o noso blogue a colaboración dos papás e mamás, dos avós e avoas, que axudaron ós nenos e nenas na elaboración das cabazas para o Samaín, contribuíndo á recuperación dunha tradición galega que estaba case esquecida.
Que ben o pasamos celebrando o Samaín!


30 de octubre de 2012

Outubro 2012: Elaboración do marmelo

Case sempre é na casa dos avós onde se elabora o marmelo, pero este ano decidimos que nós tamén eramos quen de facelo no cole. E aquí nos tedes preparando un marmelo delicioso coa axuda dos/das profes.
 

 


15 de octubre de 2012

Outubro 2012: O outono

Nesta época todo o cole "se viste" de outono: as árbores que tiran a folla, os cogumelos, os froitos secos (castañas, abelás, noces, ...), as froitas (uvas, mazás, ...). E nós, aínda que somos os máis pequenos, tamen participamos na decoración.
No mural da entrada: 
No mural da clase:
 ...e pintando estas castañas tan chulas.

3 de octubre de 2012

Outubro 2012: Mural "Xuntos"

Estivemos preparando un mural coas fotos de tódolos nenos e nenas da clase e as nosas pegadas.

Levounos uns días rematalo, pero á vista do resultado... valeu a pena!
Quedou bonito de verdade!