8 de marzo de 2017

Marzo 2017: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE, 8 DE MARZO, CELÉBRASE A NIVEL MUNDIAL "O DÍA DA MULLER", COMO UNHA NECESIDADE DE CONSOLIDAR A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES.
ESTE ANO, A UNESCO CENTRA ESTA CONMEMORACIÓN NAS MULLERES E A ARTE.
NÓS, PEQUENAS E PEQUENOS ARTISTAS, QUEREMOS AGASALLAR COA "NOSA ARTE" A TODAS AS MULLERES PRESENTES NAS NOSAS VIDAS.
FELIZ DÍA DA MULLER! 
 

7 de marzo de 2017

Febreiro 2017: O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

CHEGOU O ENTROIDO, UNHA DAS FESTAS TRADICIONAIS MÁIS ANTIGAS DE GALICIA E QUE TEN NA NOSA ESCOLA UNHA ESPECIAL RELEVANCIA.
NESTES DÍAS COÑECEMOS COMO É O ENTROIDO NOUTROS LUGARES DE GALICIA E COMO SON OS SEUS DISFRACES: PELIQUEIROS, CIGARRÓNS, PANTALLAS, ...

PREPARAMOS UNHAS CARETAS ALGO MÁIS "MODERNAS" E MOI DIVERTIDAS PARA QUE NINGUÉN NOS RECOÑEZA.

 



E TAMÉN NOS MAQUILLAMOS O ÚLTIMO DÍA ANTES DAS VACACIÓNS PARA A PEQUENA FESTA QUE FIXEMOS NO PATIO DA ESCOLA CON MÚSICA E BAILE.


PERO O QUE MÁIS ILUSIÓN NOS FAI É A PARTICIPACIÓN NO DESFILE DE CARROZAS E COMPARSAS O DOMINGO DE ENTROIDO POLAS RÚAS DE SARRIA, ONDE TODOS XUNTOS: FAMILIAS, NENOS E NENAS, PROFES E AMIGOS DA ESCOLA, COMPARTIMOS UNHA XORNADA DE FESTA E DIVERSIÓN.  
 
 NA ESCOLA PREPARAMOS UN PEQUENO VÍDEO PARA LEMBRAR ESTE DÍA TAN ESPECIAL CON ALGUNHAS DAS FOTOS E VÍDEOS QUE NOS FIXESTES CHEGAR E AO QUE XA TEDES ACCESO DENDE O CANAL DE YOUTUBE DA ESCOLA.
MOITAS GRAZAS POR TODA A VOSA COLABORACIÓN!
                      
  
 E ADEMAIS... GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO!!!
"VENTE BAÑAR!"
UN ENTROIDO PERFECTO!