27 de noviembre de 2016

Novembro 2016: TAN, TAN. QUEN É?

TRANSCORRE  PASENIÑO O OUTONO E NÓS CONTINUAMOS A DESFRUTAR DEL CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES.
FAI UNS DÍAS VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NA CASA DA CULTURA E AÍNDA QUE OS EXPERTOS DIN QUE NON É UN BO ANO, POIDEMOS VER UNHA GRAN VARIEDADE DELES.



 
COMESTIBLES, COMA LEPIOTAS OU BOLETUS (QUE NOMES MÁIS DIFÍCILES DE LEMBRAR).
                               
E OUTROS, MOI PERIGOSOS PERO MOI BONITOS QUE APARECEN EN TODOS OS CONTOS DE TRASNOS: AMANITAS.
AÍNDA QUE NON SABIAMOS LER AS TARXETAS QUE IDENTIFICABAN A CADA COGOMELO, DESCUBRIMOS QUE OS PERIGOSOS TIÑAN UN DEBUXO DUNHA CAVEIRA E OS COMESTIBLES UN PEQUENO CÍRCULO DE COR VERDE. 
O MUNDO DOS COGOMELOS É IMPRESIONANTE E CANTO NOS QUEDA POR APRENDER!
COMO XA ESTABAMOS NA CASA DA CULTURA APROVEITAMOS PARA PASAR UN RATIÑO NA BIBLIOTECA.
CANTOS LIBROS!
                             
ESCOLLEMOS DOUS CONTOS EN PRÉSTAMO. PARA PODER LEVALOS TIVEMOS QUE FIRMAR NUNHA TARXETA.
                            
QUE MAIORES SOMOS!

PROMETEMOS VOLTAR MOI PRONTO!
 
REMATAMOS ESTA ENTRADA DO NOSO BLOGUE CUN POEMA DE Federico García Lorca:
  
"Tan, tan.
Quen é?
O outono outra vez.
Que quere o outono?
O frescor da túa sen.
Non cho quero dar.
Eu quérocho quitar.
Tan, tan.
Quen é?
O outono outra vez." 


15 de noviembre de 2016

Novembro 2016: O GORRIÓN, AVE DO ANO 2016

NO ANO 2016, A AVE DO ANO ELIXIDA POLA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE ORNITOLOXÍA (SEO) FOI O GORRIÓN.
 
 ESTA ELECCIÓN VEN A SER UNHA CHAMADA DE ATENCIÓN ANTE O DESCENSO DA POBOACIÓN DESTE PAXARO A NIVEL MUNDIAL NAS ÚLTIMAS DÉCADAS.
A FINAIS DO CURSO PASADO, NUNHA SAÍDA QUE FIXEMOS Á PRAZA DA VILA, PUIDEMOS OBSERVAR VARIOS GORRIONCIÑOS QUE ACUDÍAN ÁS FARAGULLAS DE PAN QUE LLES LEVABAMOS.
 DESE PASEO XURDÍU A IDEA DE HOMENAXEAR AOS GORRIÓNS NESTE SEU ANO.
APROVEITAMOS AS FOTOGRAFÍAS QUE FIXEMOS ESE DÍA APLICÁNDOLLES UN FILTRO ESPECIAL,

FIXEMOS UNS GORRIÓNS MOI DIVERTIDOS, GRAVAMOS AS NOSAS VOCES
                
E O RESULTADO... "A FESTA DOS GORRIÓNS", UN CONTO FEITO CON MOITA ILUSIÓN E QUE PRETENDE CONCIENCIARNOS DA VERDADEIRA IMPORTANCIA DAS AVES.
      
  "A SAÚDE DAS AVES COAS QUE COMPARTIMOS A NOSA VILA DI MOITO DO NOSO MEDIO AMBIENTE"
 
PROPOÑÉMOSVOS TAMÉN O VÍDEO PROTAGONIZADO POR FORGES E TOÑO FRAGUAS, "DE GORRIÓN A GORRIÓN", DA CAMPAÑA "AVE DO ANO 2016" DA SEO, QUE NOS LEMBRA QUE O QUE É MALO PARA UN GORRIÓN TAMÉN O É PARA O SER HUMANO.