30 de octubre de 2016

Outubro 2016: MAGOSTO E SAMAÍN

 UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O MAGOSTO XUNTO CO SAMAÍN, DADA A ESTREITA RELACIÓN QUE GARDAN ESTAS DÚAS FESTIVIDADES.
XA LEVAMOS UNS DÍAS PREPARÁNDONOS PARA ESTA FESTA. CASTAÑAS, CABAZAS, BRUXAS, PANTASMAS... INVADEN A NOSA ESCOLA.

 
Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ RECIBIMOS UNHA VISITA SORPRESA: UNHA BRUXA QUE NOS CONTOU UNHA MOREA DE HISTORIAS. 
 
ADEMAIS PREPAROU UN BEBERAXE QUE SABÍA A ZUME E UNHA COMIDA CON INGREDIENTES MOI RAROS PERO TALMENTE PARECÍA NOCILLA CON GOMINOLAS. 
 


 QUE BO ESTABA TODO!
CHEGOU A HORA DE IR VER COMO SE ESTABAN ASANDO AS CASTAÑAS NO TAMBOR.

 
AGORA, TODOS XUNTOS CON XOGOS E CANCIÓNS SOBRE O MAGOSTO.
 

               
QUE RICAS ESTÁN ASÍ PELADIÑAS!
 
PARA REMATAR ESTE DÍA, ESTIVEMOS A VER A EXPOSICIÓN DE CABAZAS ELABORADAS POR NÓS MESMOS COA AXUDA DOS PAPÁS E MAMÁS.

 




 QUE ORIXINAIS E QUE COLORIDO!!!
UNHA FESTA MOI MOI DIVERTIDA!!!

 

 
 

 



29 de octubre de 2016

Outubro 2016: SAÍDA AO SOUTO

XA INMERSOS NO OUTONO ACHÉGASE O TEMPO DAS CASTAÑAS E, COMO TODOS OS ANOS, FACEMOS A NOSA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO AO SOUTO DE LOUSEIRO
   
...DISPOSTOS A ENCHER O NOSO CESTO!!! 
 
 
 
 
E POUQUIÑO A POUCO, ENTRE TODOS, VAMOS RECOLLENDO UNHA MOREA DE CASTAÑAS.
UN PEQUENO DESCANSO PARA OBSERVAR A NATUREZA QUE NOS RODEA.
 
QUEN SE AGOCHARÁ NESTA CASTIÑEIRA? 
AO MELLOR ALGÚN TRASNO...
NON SÓ VIMOS CASTIÑEIROS, TAMÉN HABÍA NOGUEIRAS, MACEIRAS E CARBALLOS E ATA ATOPAMOS ALGÚN COGOMELO COMESTIBLE.
 E AGORA SI, XA CO CESTO A REBORDAR, CAMIÑO DO PAZO "TORRE DO BARRIO".
 

 
UN CHOCOLATE BEN QUENTIÑO CON DÓCES PARA REPOÑER FORZAS NESTA MAÑÁ DE NÉBOA
E ALGO DE RELAX ANTES DE SUBIR AOS AUTOBUSES.
UNHA XORNADA NA QUE DESFRUTAMOS COMPARTINDO EXPERIENCIAS  TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA  COS  NOSOS MESTRES.














3 de octubre de 2016

Outubro 2016: PAUL KLEE E DAVID MCKEE, ARTE NA ESCOLA

XA SABEDES DO CURSO PASADO QUE NOS ENCANTA PINTAR E QUE ESTAMOS FEITOS UNS ARTISTAS FACENDO AS NOSAS PARTICULARES VERSIÓNS DAS OBRAS DE PINTORES FAMOSOS.
ESCOLLEMOS ESTA VEZ O CADRO Senecio DE PAUL KLEE (1879/1940).
XA DENDE PEQUENO, A PAUL KLEE  GUSTÁBALLE PINTAR NOS SEUS LIBROS DA ESCOLA ADEMAIS DE TOCAR O VIOLÍN.
DE MAIOR ESTUDOU BELAS ARTES CONVERTÉNDOSE NUN PINTOR ÚNICO QUE COMBINA DISTINTOS ESTILOS, EXPERIMENTANDO COA COR E UTILIZANDO MOITO AS FORMAS XEOMÉTRICAS: CÍRCULOS, CADRADOS, TRIÁNGULOS E RECTÁNGULOS.

POUCO A POUCO A NOSA OBRA COMEZA A TOMAR FORMA...



PAUL KLEE INTENTABA QUE AS SÚAS OBRAS SE VIRAN COMA SE ESTIVERAN FEITAS POR NENOS... E NÓS INTENTAMOS QUE A NOSA OBRA PAREZA FEITA POR PAUL KLEE!!!

 
CASE O CONSEGUIMOS!!!
DESCUBRIMOS, UNS DÍAS MÁIS TARDE, QUE UN ESCRITOR E ILUSTRADOR INGLÉS, DAVID MCKEE, TAMÉN SE INSPIROU NA OBRA DE PAUL KLEE PARA CREAR A Elmer, o elefante de cores.
 
QUE ELEFANTE MÁIS DIVERTIDO! 
GUSTOUNOS TANTO ESTE CONTO QUE XA TEMOS CADA UN DE NÓS O NOSO PROPIO Elmer.
E ADEMAIS, XA COMO REMATE, VIMOS A  CURTAMETRAXE: Elmer, el elefante multicolor (FEITA POR NENOS E NENAS DUN COLE DE GRAN CANARIA) ONDE UN ELMER DE PLASTILINA TOMABA VIDA. 
                        
NA NOSA ESCOLA A ARTE TAMÉN É COUSA DE NENOS