27 de febrero de 2016

Febreiro 2016: DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO CELÉBRASE O "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO" COINCIDINDO CO ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO.
DURANTE ESTE SEMANA ACHEGÁMONOS UN POUQUIÑO Á VIDA E OBRA DESTA GRAN ESCRITORA GALEGA.
NA INTERNET,










 NOS LIBROS...

 


"ALBORADA" FOI UNHA DAS POESÍAS QUE MÁIS NOS GUSTOU E QUE ESCOLLEMOS PARA ILUSTRAR A POSTAL QUE ELABORAMOS CONMEMORANDO ESTA DATA.
 

 
TAMÉN DECORAMOS UNHA CASIÑA DE PAXAROS LEMBRANDO AO PAXARIÑO DO POEMA.



DE MOMENTO COLOCÁMOLA DE ADORNO NA ESCOLA, PERO QUEDOUNOS TAN BONITA QUE AO MELLOR APARECE ALGÚN PAXARIÑO QUE A CONVERTE NO SEU FOGAR!
 

 
"Canta,
paxariño canta, 
de poliña en ponla 
que o sol se levanta
polo monte verde
polo verde monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!" 

GRAZAS, ROSALÍA, POR TAN FERMOSAS PALABRAS!
 




 

13 de febrero de 2016

Febreiro 2016: COMPARSA DE ENTROIDO "A GRAN TRACTORADA"

COMO XA VOS CONTAMOS, NA ESCOLA CELEBRAMOS O ENTROIDO CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES, PERO COA QUE MÁIS DESFRUTAMOS É CO DESFILE DE CARROZAS E COMPARSAS QUE CONVOCA O CONCELLO DE SARRIA.
UN ANO MÁIS, NENOS E NENAS, FAMILIAS, MESTRES, ANTIGOS ALUMNOS/AS E AMIGOS E AMIGAS DA NOSA ESCOLA XUNTÁMONOS PARA DESEÑAR E ELABORAR DISFRACES, ENSAIAR A COREOGRAFÍA E CONSTRUÍR A CARROZA.
FORON DÍAS DE TRABALLO E DE ESFORZO PERO TAMEN DE MOITA ILUSIÓN! 
VENDO AS NOSAS CARAS DE LEDICIA... MERECEU A PENA!!!
 

 AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DO DIVERTIDO QUE RESULTOU ESTE DÍA NUNHA MONTAXE VÍDEO-FOTOGRÁFICA QUE REALIZAMOS COAS APORTACIÓNS DE MATERIAL AUDIOVISUAL QUE NOS ENVIASTES.
                      
A TODOS/AS, 
QUE O FIXESTES POSIBLE:
MOITAS GRAZAS!


 

6 de febrero de 2016

Febreiro 2016: A FESTA DO ENTROIDO NA ESCOLA

"Aí vén o Entroido,
con festa rachada,
os nenos na escola,
faremos foliada" 
 O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ! 

ANTIFACES COAS NOSAS MANS!
MAXIA!!! AGORA SOMOS XOANIÑAS!


 
 
 
...E A BAILAR!!!!
 


 E COMO DI A CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS "O Entroido move o corpo":

"...o baile é contaxioso, 
o ritmo entra no corpo, 
é hora de ceibar a imaxinación..."


MESTURA DE FESTA E TRADICIÓN!