30 de octubre de 2015

Outubro Novembro 2015: SEMENTANDO ÁRBORES

 XA TODOS E TODAS SABEDES QUE A NOSA ESCOLA LEVA MOITOS ANOS A PARTICIPAR NO PROXECTO MEDIOAMBIENTAL VOZ NATURA QUE ESTE CURSO XA VAI POLA SÚA 19ª EDICIÓN.
ESTE ANO O OBXECTIVO SERÁ APRENDER A RESPECTAR O CHAN E PROTEXER AS NOSAS ESPECIES AUTÓCTONAS, AXUDANDO A CONSERVAR O NOSO MEDIO NATURAL, SUSTENTO DE VIDA DO NOSO PLANETA.

 

A PRIMEIRA SEMENTEIRA QUE FIXEMOS FORON UNS PIÑÓNS QUE ESPERAMOS VELOS CONVERTIDOS EN PIÑEIROS PARA O NADAL, UN XEITO DE LOITAR CONTRA A CORTA DE PIÑEIROS DOS NOSOS BOSQUES CON FINS ORNAMENTAIS NESTAS DATAS.
OS CACHARRIÑOS FORON ELABORADOS CON MATERIAIS RECICLADOS POR NÓS MESMOS.
  PRIMEIRO A TERRA,
 
 LOGO A SEMENTE: O PIÑÓN,
 



 REGAMOS UN POUQUIÑO...
E TEREMOS PIÑEIROS PARA TODOS E TODAS NO NADAL, AÍNDA QUE HABERÁ QUE ESPERAR UN TEMPO. MENTRAS TANTO TEREMOS QUE COIDALOS MOITO!!!
MIRADE QUE SORPRESA NOS ATOPAMOS NA TERRA!  UN ESCARAVELLO!
DESPOIS DE PASALO DE MAN EN MAN, DEIXÁMOLO EN LIBERDADE ABRÍNDOLLE A VENTÁ! QUE BONITO ERA!









29 de octubre de 2015

Outubro 2015: MAGOSTO E SAMAÍN NA NOSA ESCOLA

DADO QUE AS FESTIVIDADES DO MAGOSTO E DO SAMAÍN ESTÁN TAN PRETO NO CALENDARIO APROVEITAMOS PARA CELEBRALAS O MESMO DÍA,  INCLUÍNDO ACTIVIDADES QUE FORMARON PARTE DE ÁMBALAS DÚAS.
HOXE TAMÉN FOI UN DÍA PARA COMPARTIR UNHA NOVA EXPERIENCIA: COMER TÓDOLOS NENOS E NENAS E OS MESTRES NA ESCOLA!!!

 DE POSTRE, POR SUPOSTO, CASTAÑAS ASADAS!
ESTE ANO O TEMPO NON NOS AXUDOU E NON POIDEMOS FACER LUME NO PATIO E ASAR AS CASTAÑAS NO TAMBOR, COMO MANDA A TRADICIÓN, PERO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DESINTERESADA DO EQUIPO DA PANADERÍA PALLARES QUE AS ASOU NO SEU FORNO. 
MOITAS GRAZAS!!!
POLA TARDE ESTIVEMOS NO OBRADOIRO DE MAQUILLAXE COA MESTRA TANIA E O MESTRE IVÁN, NO QUE TÓDOLOS NENOS E NENAS QUE QUIXEMOS NOS PINTAMOS DE MONSTROS PARA LOGO "ASUSTAR" A PÁPÁ E MAMÁ. 
TAMÉN XOGAMOS NO PATIO CUBERTO COS "MONSTRO-BOLOS",



COS MOSTROS "COMECASTAÑAS"                 
E TAMÉN CANTAMOS CANCIÓNS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN. 

                 

 ESTA É UN VÍDEO DA CANCIÓN DE SUSA HERRERA, "TRES CASTAÑAS POLO CHAN" , QUE NOS GUSTA TANTO.

 LOGO ESTIVEMOS A XOGAR CUNHA PELOTA-CABAZA QUE NOS RESULTOU DO MÁIS DIVERTIDA.

FOI UN DÍA MOI MOI ESPECIAL, NO QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE AS NOSAS TRADICIÓNS AO MESMO TEMPO QUE NOS DIVERTIMOS UN MONTÓN!!!
  
ESTA FOTO FIXÉMOLA POLA MAÑÁ DIANTE DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS DA NOSA ESCOLA.

 
 

21 de octubre de 2015

Outubro 2015: EXCURSIÓN AO SOUTO DE LOUSEIRO

XA ESTÁ AQUÍ O OUTONO E ESTIVEMOS MOI OCUPADOS PREPARANDO UN CESTIÑO PARA IR DE EXCURSIÓN BUSCAR CASTAÑAS AO SOUTO DE LOUSEIRO.

  
ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS! ERA A PRIMEIRA VEZ QUE IAMOS VIAXAR EN AUTOBÚS TODOS XUNTOS!












PEQUENA PARADA NA FONTE 

E XA NO SOUTO DISPOSTOS A APAÑAR MOITIIIISIMAS CASTAÑAS PARA O NOSO MAGOSTO E PARA COMPARTIR TAMÉN CON PAPÁ E MAMÁ.

 



 

    COS NOSOS CESTIÑOS CHEOS!
      
 E XA NO PAZO "TORRE DO BARRIO" DE LOUSEIRO REPOÑENDO FORZAS CUN CHOCOLATE QUENTIÑO E BISCOITOS.

...E UN PEQUENO DESCANSO ANTES DE SUBIR DE NOVO AO AUTOBÚS.

UN DÍA MOI ESPECIAL QUE COMPARTIMOS CON TÓDOLOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA ESCOLA E COS NOSOS PROFES! 

CANTO DISFRUTAMOS!
 

5 de octubre de 2015

Outubro 2015: A NOSA ESCOLA, OS NOSOS AMIGOS E AMIGAS

PARECE QUE FORA ONTE E XA VAI PARA UN MES QUE COMEZAMOS O COLE!
ESTA É A PRIMEIRA FOTO QUE CONSEGUIMOS FACER TODOS XUNTOS.
 QUE FORMALIÑOS ESTAMOS!

UN "OLA" ENORME DENDE A NOSA ESCOLA: UXÍA, ENZO, CAMILA, ANDREA, PAULA, SEMIL, LLARA, NOA BELLAS, ABRIL, HELENA BOO, DIEGO, NAIARA, HELENA SÁNCHEZ, MANUEL, NOA PARADA, IVÁN, ANXO, GIORGINA, SHEREZADE, KEVIN, LEIRE, TAHMID, ARÓN, MARTÍN E IAGO.