26 de marzo de 2015

Marzo 2015: O MAGO BRANDAN

FAI UNS DÍAS QUE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR NA NOSA ESCOLA CUN VERDADEIRO ESPECTÁCULO DE MAXIA DA MAN DUN XOVE MAGO: BRANDAN. EL, COMA NÓS, TAMÉN ESTUDOU NESTA ESCOLA E FACÍALLE MOITA ILUSIÓN PODER ACTUAR PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS E PARA O PROFESORADO.
BRANDAN FIXO MAXIA COA LUZ NA ESCURIDADE, COAS CARTAS E TAMÉN CON AROS. QUEDAMOS IMPRESIONADOS!

BRANDAN, MOITAS GRAZAS!
 QUEDAMOS ENFEITIZADOS COA TÚA MAXIA!
 



24 de marzo de 2015

Marzo 2015: 21 DE MARZO, DÍA DA ÁRBORE

CONTA A HISTORIA QUE A PRIMEIRA VEZ QUE SE CELEBROU O DÍA DA ÁRBORE FOI NUNHA PEQUENA VILA DA PROVINCIA DE CÁCERES FAI MÁIS DE 200 ANOS. 
NÓS TEMOS POUCOS ANOS PERO XA LEVAMOS CELEBRANDO ESTE DÍA DENDE QUE CHEGAMOS Á ESCOLA, E CLARO, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES, A MÁIS IMPORTANTE É PLANTAR UNHA ÁRBORE. 
ESTE CURSO PLANTAMOS UN ACIVRO NO XARDÍN QUE TEMOS A CARÓN DA ESCOLA.

















UNHA DAS RAZÓNS DA ESCOLLA DESTA ÁRBORE É QUE ESTÁ PROHIBIDA A SÚA COLLEITA E COMERCIALIZACIÓN DOS EXEMPLARES SILVESTRES DENDE O ANO 1984, XA QUE DAS SÚAS FOLLAS E FROITOS SE ALIMENTAN MOITOS ANIMAIS E SERVE DE ABRIGO PARA OUTROS.
TAMÉN APRENDEMOS QUE EN GALEGO TEN OUTROS NOMES: XARDÓN, PICAFOLLA, RASCACÚ OU ESCORNACABRAS.
XA ESTAMOS DESEXANDO VELO MEDRAR E QUEN SABE, AO MELLOR APARECE ALGÚN ANIMALIÑO BUSCANDO O SEU ACOCHO...

A NOSA PROFE ATOPOU UNHA IMAXE QUE DI QUE É MOI APROPIADA PARA ESTE DÍA.
 VÓS QUE PENSADES?

 






11 de marzo de 2015

Marzo 2015: PADRÓN, ENTREGA 1º PREMIO "NÓS TAMÉN CREAMOS"

XA FAI CASE UN ANO QUE REMATAMOS A NOSA CURTA "AS POUSADEIRAS DO REI", UN TRABALLO POLO QUE FOMOS GALARDOADOS CO PRIMEIRO PREMIO NA CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL DENTRO DO PROGRAMA Nós tamén creamos 2013/2014.
TODO O PROCESO DE ELABORACIÓN DA CURTA XA VOLO CONTAMOS NESTE MESMO BLOGUE O CURSO PASADO:

 http://sementemiuda.blogspot.com.es/2014/06/xuno-2014-as-pousadeiras-do-rei-o.html

AGORA, POR FIN, FOMOS RECOLLER O PREMIO A UN LUGAR MOI ESPECIAL: A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO, EN PADRÓN. 
FÍXONOS ILUSIÓN PASEAR POLOS MESMOS XARDÍNS E VER A CASA ONDE VIVÍU ESTA MULLER POETA DA QUE XA SABEMOS MOITAS COUSAS DENDE QUE CELEBRAMOS O SEU DÍA O PASADO 24 DE FEBREIRO.
ESTIVEMOS NO SALÓN DE ACTOS VENDO AS CURTAS DOS DEMAIS COLEXIOS GAÑADORES E, POR SUPOSTO, TAMÉN A NOSA. 
 MIRADE QUE FORMALIÑOS...
"AS POUSADEIRAS DO REI"

                     

E CHEGOU O MOMENTO DA ENTREGA DE PREMIOS. 
QUE EMOCIÓN!



 












COMO VEDES SOMOS OS MÁIS PEQUERRECHOS E NON NOS DEIXARON SUBIR A TODOS PERO OS QUE QUEDAMOS NAS BUTACAS APLAUDIMOS A RABIAR!
NON SÓ NOS DERON O DIPLOMA, TAMÉN UN MONTÓN DE CONTOS PARA A NOSA ESCOLA E PROMETERON ENVIARNOS UNHA TELEVISIÓN DE PLASMA.

E AGORA A DIVERSIÓN !!!!!!!!!
TIVEMOS A SORTE DE VER EN VIVO E EN DIRECTO AO ACTOR E MÚSICO PACO NOGUEIRAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ENLACE A UNHA DAS SÚAS CANCIÓNS
           
FOI "SUPERDIVERTIDO"!
 
PERO AÍNDA NON REMATOU A XORNADA, NUNS INTRES IAMOS XANTAR, QUE FAME TIÑAMOS TODOS...
 
... E QUE BEN NOS PORTAMOS!
ATA IVÁN E MARICARMEN NOS FELICITARON E PROMETERON DEIXARNOS XOGAR UN POUQUIÑO  NUN PARQUE QUE HABÍA A CARÓN DO RESTAURANTE.

CHEGOU A HORA DE VOLTAR AO AUTOBÚS, XA ÍAMOS ALGO CANSOS E AÍNDA NOS QUEDABA UNHA LONGA VIAXE ATA SARRIA. 
FOI UNHA XORNADA INESQUECIBLE PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS E TAMÉN PARA OS NOSOS PROFES, ELES ESTÁN "SUPERORGULLOSOS" DE NÓS E ...

...NON É PARA MENOS!


9 de marzo de 2015

Marzo 2015: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA 8 DE MARZO CELÉBRASE O "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER", NO QUE SE CONMEMORA A LOITA DA MULLER POLA IGUALDADE.
PERO NON PODE SER COUSA DUN DÍA AO ANO, POR ISO...
"Se ti nos educas igual, seremos iguais"
 TÓDOLOS DÍAS DO ANO!

HOXE DECIDIMOS RENDIR UNHA HOMENAXE ÁS NOSAS MAMÁS QUE PARA NÓS SON AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DO MUNDO.
GRAZAS, MAMIS!




 

3 de marzo de 2015

Marzo 2015: CARTA DENDE PARÍS

AÍNDA QUE XA COÑECEMOS AS VANTAXES DO CORREO ELECTRÓNICO, RECIBIR CARTAS E POSTAIS POR CORREO ORDINARIO SEGUE A TER O SEU ENCANTO, POR ISO, CANDO ALGÚN DE NÓS VIAXA A ALGÚN LUGAR LLE PEDIMOS QUE NOS ENVÍE UNHA TARXETA POSTAL.
ESTA É A QUE RECIBIMOS ESTES DÍAS
 XA SABEMOS DE OUTRAS VECES QUE ESTE CORREO É MOITO MÁIS LENTO QUE O ELECTRÓNICO E DE NOVO O NOSO COMPAÑEIRO CHEGOU ANTES QUE A SÚA TARXETA. 
DESPOIS DE VELA TODOS XUNTOS E DE ESCOITAR OS SEUS COMENTARIOS (PARÍS TEN QUE SER UNHA CIDADE PRECIOSA) APROVEITAMOS PARA AGRADECERLLE QUE NESTE VIAXE TAMÉN SE LEMBRARA DE NÓS.
DE ONDE VIRÁ A PRÓXIMA CARTA?