28 de noviembre de 2014

Novembro 2014: O CORAZÓN DE LOLO


"O CORAZÓN DE LOLO"  É UN CONTO QUE NARRA AS DÚBIDAS E TEIMAS DE LOLO, UN PARRULO QUE VAI PASAR UN TEMPO CUNHA FAMILIA QUE NON É A SÚA E NACE DA EXPERIENCIA RECOLLIDA POLA CRUZ VERMELLA EN RELACIÓN COAS FAMILIAS DE ACOLLIDA.
 TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE RECIBIR NA NOSA ESCOLA A CATRO PROFESIONAIS DA CRUZ VERMELLA NUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA QUE NOS CONTARON AS PERIPECIAS DE LOLO.



 ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCOUSE DENTRO DAS REALIZADAS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN, O 20 DE NOVEMBRO, DO DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS. 
 
NO SEGUINTE ENLACE TEDES UNHA BONITA CANCIÓN  "Los derechos de los niños"  REFERENTE A ESTE TEMA.

24 de noviembre de 2014

Novembro 2014: TEMPO DE SEMENTAR TULIPÁNS

GÚSTANOS MOITO QUE A NOSA ESCOLA E O SEU ENTORNO ESTÉN BONITOS POR ISO TÓDOLOS OUTONOS SEMENTAMOS BULBOS NO XARDÍN QUE TEMOS A CARÓN DO PATIO PARA LOGO PODER DESFRUTAR DO MARABILLOSO COLORIDO QUE NOS TRAERÁ A PRIMAVERA. 
 
 
 

ESTE CURSO ESCOLLEMOS OS TULIPÁNS BRANCOS E CAMBIAMOS O CARTEL POR OUTRO NOVO.


PARECE INCRIBLE PERO POUCOS DÍAS DESPOIS DE COLOCAR OS CARTEIS, ALGUÉN ARRINCOU  E DESTROZOU ALGÚN DELES E TIVEMOS QUE REPARALOS. ESTÁ CLARO QUE NON TODO O MUNDO RESPETA A NATUREZA NIN O NOSO PEQUENO ESFORZO POR COIDALA! 
PERO NÓS SEGUIRÉMOLO INTENTANDO!
 

 




21 de noviembre de 2014

Novembro 2014: BELENES, DE ASÍS A COMPOSTELA

DO 25 DE OUTUBRO AO 30 DE NOVEMBRO HAI UNHA EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA: "BELENES, DE ASÍS A COMPOSTELA: FIGURAS, FORMAS E MOTIVOS". 
HOXE APROVEITAMOS PARA IR A VELA XA QUE ESTABAN JUAN DONOSO E ANTONIO LOIS QUE MOI AMABLEMENTE NOS DERON UNHA BREVE EXPLICACIÓN NO SALÓN DE ACTOS COA AXUDA DUNHAS DIAPOSITIVAS E RESOLVERON UN MONTÓN DE DÚBIDAS QUE LLES PLANTEXAMOS.
 
 LOGO PASAMOS A EXPOSICIÓN E NON VOS IMAXINADES QUE CANTIDADE DE MATERIAIS DISTINTOS SE PODEN UTILIZAR PARA FACER UN BELÉN: FERRO, FOLLADELATA, PEDRA, ACEIRO, BARRO, CERÁMICA, E INCLUSO MATERIAIS RECICLADOS, ...
DE TÓDOLOS XEITOS HOUBO DOUS QUE NOS PARACERON OS MÁIS ORIXINAIS: UN QUE ESTABA DENTRO DO MONITOR DUN ORDENADOR E OUTRO QUE ESTABA DENTRO DUNHA TELE "TAN ANTIGA" QUE NOS DIXO  MARICARMEN QUE NELA OS DEBUXOS ANIMADOS SE VÍAN EN BRANCO E NEGRO! QUE COUSAS!
 ANTES DE SAÍR QUIXEMOS FACERNOS UNHA FOTO COS NOSOS NOVOS AMIGOS E AGRADECERLLES A PACIENCIA QUE TIVERON CON NÓS E COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CATRO ANOS.



 

  


19 de noviembre de 2014

Novembro 2014: O APAIXONANTE MUNDO DA MICOLOXÍA

UN DOS ALIMENTOS MÁIS TÍPICOS DO OUTONO SON OS COGOMELOS. TÓDOLOS ANOS ACUDIMOS Á EXPOSICIÓN QUE HAI NA CASA DA CULTURA.
 
AGORA, COMO XA SABEMOS LER UN POUQUIÑO, ESTIVEMOS VENDO AS ETIQUETAS QUE TIÑA CADA UN: COMESTIBLES, TÓXICOS, ALUCINÓXENOS, MORTAIS, ...

CANTOS TIPOS DE COGOMELOS E QUE DIFERENTES!

 O MUNDO DOS COGOMELOS É APAIXONANTE PERO CERTAMENTE PERIGOSO SE NON NOS ACOMPAÑA UN EXPERTO A RECOLLELOS.
 

ESTE CURSO TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA DO ESPECIALISTA EN MICOLOXÍA Leo Sanmartín Pazos, QUE DUN XEITO SINXELO E AMENO, COA AXUDA DUN ANANIÑO, NOS ACHEGOU A ESTE MARABILLOSO MUNDO.
OBSERVAMOS AS DISTINTAS PARTES E COMPARAMOS CORES, FORMAS, TEXTURAS, ARRECENDOS, ...


MOITAS GRAZAS, LEO, POR COMPARTIR CON NÓS A TÚA SABEDORÍA!

FOI TODO UN LUXO!

14 de noviembre de 2014

Novembro 2014: DESPEDIDA DE IVÁN ALEJANDRO

SE FAI UNS DÍAS ESTABAMOS MOI FELICES DE CONTAR CUN NOVO AMIGO NA CLASE DE CINCO ANOS, HOXE ESTAMOS UN POUQUIÑO TRISTES.
IVÁN ALEJANDRO, QUE CHEGOU Á NOSA ESCOLA POLO MES DE SETEMBRO, TEN QUE MARCHAR PARA OUTRO PAÍS MOI LONXE DE AQUÍ.
HOXE CELEBRAMOS UNHA PEQUENA FESTA DE DESPEDIDA, ONDE HOUBO CANCIÓNS, TORTA, CHUCHES, ... PERO TAMÉN MOITOS BICOS E APERTAS, PROMESAS DE CARTAS E MAILS E ALGUNHA QUE OUTRA BÁGOA.
GRACIÑAS AMIGO, POLA TÚA ALEGRÍA, POLO TEU CARIÑO E POLA TÚA AMIZADE! QUERÉMOSTE!
TÓDOLOS NENOS E NENAS DE SEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL
 

Novembro 2014: Marmelada de mazá

SEGUIMOS GOZANDO DO OUTONO E DE TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE PODEN FACER POR ESTAS DATAS.
AGORA TOCOULLE O TURNO Á ELABORACIÓN DA MARMELADA, ESTE CURSO SERÁ DE MAZÁ.
COMO XA TEMOS MOITÍSIMA EXPERIENCIA RESULTOUNOS MOI SINXELO.
PRIMEIRO ESCRIBIMOS A RECEITA
LOGO, ANTE TODO, A HIXIENE: LIMPAMOS AS MESAS, LAVAMOS AS MANS E COLOCAMOS UNS PEQUENOS MANTEIS PARA POÑER AS MAZÁS PELADAS. CORTÁMOLAS ENTRE TODOS.
XA ESTABAN PREPARADAS PARA XUNTAR COAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS MÁIS PEQUENOS.

                
         







DESPOIS DE LEMBRAR DE NOVO COMO ERA A ELABORACIÓN, COLABORAMOS PARA BOTAR O RESTO DOS INGREDIENTES NA "POTA MÁXICA" QUE ATA FALA.

 











AO LONGO DO DÍA FOMOS COMPROBANDO COMO SE ÍA COCENDO...
BATEMOS CON COIDADO, PORQUE AÍNDA ESTÁ ALGO QUENTE...
...E AGORA ENVASAR E DECORAR!
ESTE FOI O RESULTADO: UN BOTIÑO DE MARMELADA DE MAZÁ PARA DEGUSTAR NA CASA FEITO POR NÓS MESMOS!
UNHA DELICIA!


4 de noviembre de 2014

Novembro 2014: UN NOVO COMPAÑEIRO

DESPOIS DESTAS MINI VACACIÓNS ESPERÁBANOS NA ESCOLA UNHA SORPRESA MOI AGRADABLE, UN NOVO COMPAÑEIRO QUE SE CHAMA RODRIGO. 
EL TAMÉN ESTÁ MOI CONTENTO DE COÑECERNOS E ESTÁ DESEXANDO FACER NOVOS AMIGOS E AMIGAS.
QUEREMOS PRESENTÁRVOLO E QUE MELLOR XEITO QUE FACÉNDONOS UNHA FOTO TODOLOS NENOS E NENAS DA CLASE XUNTOS.