14 de junio de 2014

Xuño 2014: AS POUSADEIRAS DO REI. O proceso

XA TODOS SABEDES QUE DURANTE ESTE CURSO LEVAMOS TRABALLANDO NA CREACIÓN DUNHA CURTAMETRAXE, DENTRO DO PROGRAMA NÓS TAMÉN CREAMOS!

É UNHA INICIATIVA PROMOVIDA POLA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E A DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA EN COLABORACIÓN COA COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA E A EDITORIAL OQO.
DESPOIS DE PRESENTAR O NOSO PROXECTO (ALÓ POLO MES DE SETEMBRO), FOMOS SELECCIONADOS PARA PARTICIPAR NESTE CONCURSO CON CASE 60 COLEXIOS MÁIS DE TODA GALICIA. 

E AQUÍ COMEZA A HISTORIA...
"As pousadeiras do rei"
O PRIMEIRO PASO A DAR CONSISTÍA EN ESCOLLER UN DOS CATORCE CONTOS QUE NOS ENVIOU A EDITORIAL OQO PARA CONVERTER EN PELÍCULA.
LOGO DECIDIMOS ADAPTAR O CONTO Á NOSA REALIDADE, Á NOSA VILA, Ó NOSO ENTORNO. 
E QUE MELLOR ESCENARIO QUE A TORRE FORTALEZA DE SARRIA!


















ESCOLLEMOS E DESEÑAMOS PERSONAXES QUE EXISTIRON DE VERDADE: OS CONDES DE LEMOS OU OS MARQUESES DE SARRIA. 
E INCLUSO FALAMOS DE SITUACIÓNS REAIS, COMO A VISITA DOS REIS A SARRIA.
 















 AGORA ERA O MOMENTO DE ELABORAR DECORADOS,
















OS PERSONAXES, A ROUPA,




 










E O RESTO DE ELEMENTOS QUE ÍAN FORMAR PARTE DAS DISTINTAS ESCENAS: MOBLES, CORTINAS, PORTAS, VENTÁS, ADORNOS, ...

SEGUINTE PASO, A GRAVACIÓN DOS DIÁLOGOS. 


 

 


QUE DIVERTIDO POÑERLLE VOZ Á RAÍÑA, AO REI, AO CRIADO, AO ALCALDE, AO CONDE DE LEMOS, AO MARQUÉS DE SARRIA E AO NARRADOR!

TOCA MOVER MOI  MOI DESPACIÑO OS PERSONAXES E FOTOGRAFAR CADA UN DESES MOVEMENTOS EN CADA UNHA DAS 28 ESCENAS QUE COMPOÑEN A NOSA CURTAMETRAXE.




 
DESPOIS DE CASE 3000 FOTOGRAFÍAS, ESTAMOS FEITOS UNS VERDADEIROS PROFESIONAIS! VERDADE QUE PENSABADES QUE ERAN MOITAS MENOS!

TOCA FACER A MONTAXE DAS FOTOGRAFÍAS, ENGADIR AS GRAVACIÓNS DAS VOCES, POÑER MÚSICA, SONS, TÍTULO, CRÉDITOS, ... EN RESUMO, CONVERTER TODO ESTE MATERIAL NUNHA CURTAMETRAXE!

NON PODIAMOS PASAR, DESPOIS DE TODOS ESTES MESES DE TRABALLO, SEN COÑECER MÁIS DE CERCA, O ESCENARIO REAL DA NOSA CURTA:
A TORRE FORTALEZA DE SARRIA
 
                                                                                  
 

 

 
 
 

 
FOI UN PRECIOSO FINAL PARA UN  PROXECTO QUE FOMOS CONSTRUÍNDO DÍA A DÍA ENTRE TÓDOLOS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS COS NOSOS PROFES, IVÁN E MARICARMEN.
 PUXEMOS NESTE TRABALLO MOITAS MOITAS HORAS, PERO ESTABAMOS TAN ILUSIONADOS QUE DESFRUTAMOS CADA MINUTO QUE LLE ADICAMOS. 

PENSAMOS QUE O RESULTADO VALEU A PENA!

XULGADE VÓS MESMOS ACCEDENDO Á CURTA NO NOSO CANAL DE YOUTUBE:



TAMÉN NA PÁXINA PRINCIPAL DA PÁXINA WEB DA ESCOLA:

OU NA WEB DA TELEVISIÓN DE GALICIA NA SECCIÓN INFANTIL:
 
NOS TAMÉN CREAMOS!


2 de junio de 2014

Xuño 2014: CONCURSO DE CARTEIS DAS FESTAS DO SAN XOÁN 2014 DE SARRIA

ESTE ANO DECIDIMOS PARTICIPAR NO CONCURSO DE CARTEIS PARA AS FESTAS DO SAN XOÁN DE SARRIA.
A VERDADE É QUE ESTABAMOS MOI ILUSIONADOS E QUEDARON UNS CARTEIS BEN CHULOS. 
ENTRE TODOS FOMOS APORTANDO IDEAS SOBRE O QUE SIGNIFICABA PARA NÓS A NOSA VILA E AS SÚAS FESTAS E AQUÍ TEDES A MOSTRA.

A FORTALEZA

















AS PONTES E O RÍO
O LUME NOVO

 























A VILA
AS BRUXAS
 
 
 
 
 
 
 
 















OS FOGUETES












ESTE ÚLTIMO CARTEL FOI FINALISTA NO CONCURSO! 

ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DA NOSA PARTICIPACIÓN!