30 de junio de 2013

Xuño 2013: DESPEDIDA

XA LEVAMOS UN CURSO XUNTOS!

PARECE QUE FOI ONTE CANDO COMEZASTES, ALÓ POLO MES DE SETEMBRO, TAN PEQUERRECHIÑOS PARA PAPÁ E MAMÁ, PERO TAN "MAIORES" (XA VIDES Á ESCOLA).
PASAMOS MOITAS HORAS DE COMPARTIR, DE XOGAR, DE RIR, DE DIVERTIRNOS, DE APRENDER. 
DESPOIS DE TANTOS ANOS DE MESTRA, SIGO DISFRUTANDO,  SORPRENDÉNDOME, EMOCIONÁNDOME CON VÓS. SEI QUE VOS BOTAREI DE MENOS NO VERÁN PERO SETEMBRO LOGO CHEGA, ASÍ QUE...



... UNHA APERTA E FELIZ VERÁN A 
TODOS E TODAS!


 

 
 
 
 

27 de junio de 2013

Xuño 2013: VERMES DE SEDA

O ÚLTIMO DÍA DE CURSO TIVEMOS A SORTE DE OBSERVAR MOI DE CERCA UNS VERMIÑOS DE SEDA QUE NOS TROUXO A MAMÁ DE GAEL.
  QUE COMELLÓNS SON ESTES VERMES!
ZAMPARON TÓDALAS FOLLAS DE MOREIRA!
QUEN SE ATREVERÁ A COLLELOS COA MAN?
PARECE QUE NON MORDEN...
QUE VALENTE, GAEL!
E QUE TI XA ES TODO UN EXPERTO!







SE TI PODES...










 ...NÓS TAMÉN!
 DESPOIS DE PASAR TODA A MAÑÁ CON ELES, LEMBRAMOS AQUEL CONTO TAN DIVERTIDO: A eiruga larpeira, NO QUE TRABALLAMOS NO MES DE DECEMBRO.
 LÁSTIMA QUE SE ACABE O COLE, SERÍA DIVERTIDO VER COMO SE CONVERTEN EN BOLBORETAS!

https://www.youtube.com/watch?v=8gaALGkmWyk

20 de junio de 2013

Xuño 2013: FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Está a piques de rematar o curso e como tódolos anos por estas datas estamos moi ocupados preparando o festival de fin de curso. Este ano, os nenos e nenas de tres anos decidimos cantar a canción "O mercado" do proxecto musical María Fumaça: Cantar e bailar para ser máis feliz. 
Esperamos que o pasarades tan ben coma nós!
Aínda que nós a modificamos un chisquiño, deixámosvos un enlace ao Youtube onde Irea e Carmen cantan esta canción que nos gusta tanto: