24 de mayo de 2013

Maio 2013: VISITA Ó PARQUE DE BOMBEIROS DE SARRIA

ESTE MES FIXEMOS A ACTIVIDADE QUE MÁIS NOS GUSTOU DENDE QUE EMPEZAMOS O COLE:  A VISITA Ó PARQUE DE BOMBEIROS DE SARRIA QUE ESTÁ A CARÓN DO CAMPO DE FEIRA.
O TRAXECTO ATA ALÍ FOI ANDANDO COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CATRO ANOS E COAS NOSAS PROFES.
ESTABAN ESPERÁNDONOS OS BOMBEIROS: José Manuel, Adrián, Antonio, Ángel e Álvaro.
PRIMEIRO ESTIVEMOS VENDO TODO O EQUIPO QUE TRANSPORTA UN CAMIÓN DE BOMBEIROS (ADEMÁIS DE AUGA E MANGUEIRAS). APRENDEMOS QUE OS BOMBEIROS FAN MOITAS MÁIS COUSAS QUE APAGAR LUME: RESCATES, AXUDA EN ACCIDENTES, ...
SUBIMOS Ó CAMIÓN, EXPERIMENTAMOS O VENTO QUE PRODUCÍA O EXTRACTOR DE FUME...
... E CARGAMOS COA MANGUEIRA.
 
QUE BEN O PASAMOS  TRABALLANDO EN EQUIPO COMA OS BOMBEIROS DE VERDADE!
ESTIVEMOS APRENDENDO COMO SE ABRE A AUGA. QUE CHORRO TAN ENORME BOTA E NINGUÉN SE MOLLOU!
ESTIVEMOS VENDO AS INSTALACIÓNS POR DENTRO: O CENTRO DE OPERACIÓNS, A COCIÑA, OS DORMITORIOS, O XIMNASIO, OS GARAXES.
PROBAMOS ALGUNHAS PRENDAS QUE UTILIZAN OS BOMBEIROS.


 E POSANDO DIANTE DO CAMIÓN QUE TEN UNHA ESCALEIRA QUE SUBE ATA 32 METROS!
E XA DE DESPEDIDA PROMETEMOS VOLTAR.
NO CAMIÑO DE VOLTA
NO MIRADOIRO

NA RÚA MAIOR, COA TORRE DE BATALLÓN Ó FONDO.
  QUE DÍA TAN ESPECIAL!
 
 
   
 

21 de mayo de 2013

Maio 2013: CULTIVAMOS LENTELLAS

O cultivo das lentellas foi algo lento, coidámolas con moito agarimo e regamos arreo pero valeu a pena, por fin, conseguímolo!


  Ademáis puxémoslles esas bolboretas tan fermosas ós cacharriños de cristal que reciclamos que quedaron moi "curriñas". 

3 de mayo de 2013

MAIO 2013: A caixa de música

O DÍA 2 DE MAIO FOMOS Ó TEATRO A LUGO,Ó AUDITORIO "GUSTAVO FREIRE", VER UNHA OBRA DE TÍTERES "A CAIXA DE MÚSICA". 

 HABÍA NENOS E NENAS DE MOITISIMOS COLES, PERO COMO VEDES NAS FOTOS, NÓS PORTÁMONOS XENIAL.
 
 ESTIVEMOS MOI ANTENTOS E PASÁMOLO MOI BEN.

 SINOPSE:
Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar “gran axuda”.

É un espectáculo visualmente atractivo, debido a iluminación e as cores refletantes na luz negra. 

A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasladaos ao mundo de Icía e Salterio.

ESTE É O ENLACE A UN TROZO DA OBRA QUE VIMOS